A MALETA VIAXEIRA II
A maleta viaxeira segue a circular polas casas dos nenos e nenas de 3 anos.
Neste caso a compañeira achegounos 3 obxectos moi especiais para ela: a sua boneca preferida, un conto sobre o espazo onde a protagonista é ela mesma, e un adorno da árbore de nadal que homenaxea aos galgos, cans que son abandonados a diario polos seus donos. Dende logo esta historia fíxonos reflexionar a todos e todas, moitas gracias!!
A maleta tamén pasou pola casa dunha compañeira que decidiu acercar ao cole un conto que lle gusta moito: "Chibos chibons", coa sua lectura desfrutamos todos e todas, mesmo algún e algunha querían repetir. Na maleta tamén viña unha boneca coa que pasa moitas tardes de xogos, así como tamén unha pedra e un pequeno tarro con area da praia, os nenos e nenas poideron tocala e recordar así o tacto que ten e as cousas que facemos con ela cando vamos á praia. Unha experiencia xenial!!
Por último, o noso compañeiro decidiu traer na maleta tres xoguetes cos que desfruta moito: un coche de carreiras, un boneco e unhas chaves dun coche teledirixido. Dende logo tres cousiñas que lle fan desfrutar nos seus tempos de lecer, acompañado sempre do seu irmán maior. A ledicia dos xoguetes sempre é benvida entre os máis pequenos e pequenas, moitas gracias!!
Saúdos
Comentarios
Publicar un comentario