Entradas

TEATRO DOS BOLECHAS

Imagen
    OS BOLECHAS  VISITÁRONOS NO COLE PARA EXPLICARNOS QUE SON OS ELECTRECOS.     CONCRETAMENTE, PILI CONTOUNOS MOITAS COUSAS INTERESANTES SOBRE COMO RECICLAR OS RAEE: RESIDUOS DE APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS.    E AO FINAL, CANTAMOS E BAILAMOS O RAP DA RECICLAXE.        BOLECHAS, VIDE CANDO QUEIRADES!!!!  

LECTURA COMPARTIDA

Imagen
Unha das actividades que levamos a cabo no centro é a 'lectura compartida' onde os nenos e nenas de primaria preparan un conto de literatura infantil para contálo aos pequenos e pequenas do cole. Neste caso, os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria prepararon o conto 'A toupiña que quería saber quen lle fixera iso na cabeza' para os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil (3 anos). A verdade e que os nenos e nenas maiores puxeron moita ilusión e esforzo para que todo saira ben, e así foi. Moitas gracias a eles e elas e á sua titora pola experiencia que nos encantou a todos/as!!! Saúdos

DESPEDIDA DO NADAL

Imagen
Xa rematadas as vacacións de Nadal aproveitamos para mostrarvos o bonito que estaba o colexio este último mes de decembro. Os nenos e nenas de 3, 4, e 5 anos adicaron un tempo a adornar as portas das súas aulas con motivos navideños. Tamén aproveitamos para facer un mural conxunto entre as tres aulas, utilizando as mans para facer unha árbore típica do Nadal.  As festas xa remataron e agora toca volver á rutina con enerxías renovadas e moitas ganas de aprender. Esperamos que disfrutarades moito destes días en familia! O noso mural conxunto Saúdos

CALENDARIO DE NADAL

Imagen
Na aula de 3 anos, estamos a realizar unha actividade inspirada no famoso calendario de advento. Así, para contar os días que quedan para que chegue o Nadal, abrimos un sobre diario que contén unha foto dun dos nenos ou nenas da nosa clase, o cal ese día recibe un regaliño de carácter simbólico, un debuxo realizado por un compañeiro/a para él ou ela.  Con esta actividade aproveitamos para repasar os números, para seguir avanzando de cara a cohesión grupal e tamén para aprender que nesta época do ano podemos facer regalos coas nosas propias mans, dedicándolle moito esforzo e ilusión.  Dende logo é unha actividade que nos está a reportar moita ledicia a todos e todas! O encargado abrindo o sobre do día 9 Cos seus regaliños personalizados Saúdos

TEATRO O COCIÑEIRO ANTÓN E A PASTELEIRA TOMASA

Imagen
   Teatro Calavera presenta... O COCIÑEIRO ANTÓN E A PASTELEIRA TOMASA !!!!    Os nenos e nenas de infantil, así como primeiro de primaria,  poideron disfrutar dunha gran obra de teatro moi divertida, aloucada e cun toque romántico entre os dous protagonistas; incluíndo un obradoiro de pasta de azucre.     Uuuummmmm...!!!! RIQUÍSIMO!!!

LECTURAS COMPARTIDAS

Imagen
   A clase de terceiro de primaria leu un conto aos pequenos e pequenas da clase de 5 anos de infantil, podendo disfrutar na biblioteca do centro da lectura do libro elixido.  A   LEEEEERRRR!!!!!

DÍA DO PEÓN

Imagen
   O 9 de Novembro o centro celebrou a festa do xogo popular e tradicional do noso centro: o día do Peón.    Para elo, as nenas e os nenos de infantil elaboramos  a nosa buxaina con tapóns e un pau de brocheta, que decoramos con diferentes cores e... A   XOGAR!!!!!