CALENDARIO DE NADAL
Na aula de 3 anos, estamos a realizar unha actividade inspirada no famoso calendario de advento.
Así, para contar os días que quedan para que chegue o Nadal, abrimos un sobre diario que contén unha foto dun dos nenos ou nenas da nosa clase, o cal ese día recibe un regaliño de carácter simbólico, un debuxo realizado por un compañeiro/a para él ou ela.
Con esta actividade aproveitamos para repasar os números, para seguir avanzando de cara a cohesión grupal e tamén para aprender que nesta época do ano podemos facer regalos coas nosas propias mans, dedicándolle moito esforzo e ilusión.
Dende logo é unha actividade que nos está a reportar moita ledicia a todos e todas!
O encargado abrindo o sobre do día 9
Cos seus regaliños personalizados
Saúdos
Comentarios
Publicar un comentario