DÍA DO PEÓN 2026
Polo San Martiño... peóns ao camiño! O San Martiño xa chegou e con el unha das conmemoracións máis importantes para o noso colexio: o Día do Peón.
Os nenos e nenas da clase de 5 anos traballaron este refrán na aula e fixeron unha composición entre todos.
Outras actividades que realizamos, todos os nenos e nenas de infantil, foron:
- Decorar unha buxaina
- Aprender/lembrar o nome das partes do peón
- Visitar a exposición do Museo do Xogo Popular
- Cantar a bailar a canción "Teño unha buxaina"
E, no día da celebración, recibimos a visita de Adolfo, torneiro da Asociación Virutas. Trae todos os materiais e ferramentas para transformar un anaco de madeira nun trompo ou unha buxaina e pasa o día con todos nós.
Ademais celebramos no pavillón esta festa, xunto con todos os nenos e nenas da escola. No video veredes o ben que o pasamos!
.png)

Comentarios
Publicar un comentario