MAGOSTO 2026
O Magosto é unha das primeiras celebracións do outono, e na escola non pode faltar esta festa tradicional de Galicia.
Na aulas nenos e nenas prepararon un cucurucho para encher de moitas castañas que asou o castañeiro, que visitou o colexio o mércores, día 28. Ese día, antes do recreo, pasamos a ver como asaba as castañas e recoller unha caixiña delas.
No recreo compartimos as castañas co resto de nenos e nenas de infantil e despois xogamos un ratiño, xa que o tempo acompañou e foi un día solleiro.
Para algúns de nós e o noso primeiro Magosto ou a primeira vez que comemos castañas, que este ano segundo se escoitaba estaban moi saborosas...

Comentarios
Publicar un comentario