DÍA DA BIBLIOTECA 2026

Comezamos as primeiras publicacións no blog cunha celebración: O Día da Bibliotecas Escolares. Contamos coa visita de Rocío Pita, xornalista de A Voz de Galicia e nai dunha nena da escola.

Rocío explicounos como era o seu traballo, falounos da importancia de saber de onde ven a información, de como diferenciar unha noticia verdadeira de unha falsa... Tamén trouxo o seu micrófono, así que respondemos as súas preguntas e fixo entrevistas a moitos de nós. Foi moi interesante e divertido!


Pero a biblioteca é importante no só no seu día, senón todos os días do ano, como lugar para ler, aprender, investigar, crear e xogar. Mirade que ben o pasamos o día da semana que visitamos a biblioteca dos tesouros :-)



















Comentarios

Entradas populares de este blog

FESTA FIN DE CURSO 5 ANOS 2025

SAMAÍN 2025

DÍA DO PEÓN 2025