Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2025

SON PROTAGONISTA: INDIANA

Imagen
      Indiana está hoxe na clase coa súa irmá Samara , coa súa nai Bibiana e polo seu pai Isaac para contarnos unha: VIAXE  A  ASTURIAS             Indiana e a súa familia visitou  o PARQUE ISABEL A CATÓLICA , en Xixón (Asturias), onde poideron ver moitos animais exóticos , como o emú (da familia da avestruz).            Unha galiña toda de cor negra chamada AYAM CEMANI , unha raza pouco común de Indonesia.       Tamén viron CISNES BRANCOS  nun lago.       Aves exóticas, como: o PERICO DOURADO , o GUACAMAIO , o LORO , o FAISÁN DOURADO e o PAVO REAL . Todas estas aves con grandes e chamativas cores.       O pavo real, non só estaba o de grandes cores verdes e azúis, senón tamén un pavo real ALBINO , de cor branca .       Despois de visitar todos estos animais, disfrutaron dun PARQUE INFANTIL enorme con grandes xogos e cun tr...

SON PROTAGONISTA: MAURO

Imagen
                                   Mauro está acompañado na clase pola súa irmá AVRIL e polo seu pai MARCO S para falarnos da: TRIBU DE MAURO         Todo comeza na guardería ABC , onde fai grandes amigos e amigas.     Continúan quedando toda a tribu da guarde e facendo moitas actividades xuntos, como ir á praia de Doniños , ir ao parque , celebrar aniversarios , o Entroido , ir ao cine e ao circo , o Nadal ...        Tamén Mauro disfrutou moito da Semana Santa , acompañando ao trono o venres santo .     Ademáis, Mauro entregou unha PULSEIRA aos seus compis a modo de agasallo.         MOITAS GRAZAS MAURO!!!! UNHA TRIBU MOI BONITA!!!!

SON PROTAGONISTA: IZAN

Imagen
      IZAN está no cole co seu pai Dani para contarnos ao que lle encanta xogar: OS  PUZZLES      Ten na casa uns 30 quebracabezas e  vai ensinar aos seus compañeiros e compañeiras os que máis lle gustan.     Ten o de Mario Bros que posúe 100 pezas e tarda en completalo uns 20 minutos.     Tamén ten o puzzle da peli "DEL REVÉS" que trata as emocións, o de Bluey , o de Sonic e o do Rei León .         De todos estos quebracabezas, o que máis lle gusta é o de Sonic; pero tamén un xogo de tarxetas de Mario Bros e a oca . Encántalle gañar sempre, pero el non fai trampas, son o avó e a avoa ;)       Grazas Izan por ensinarnos os teus puzzles favoritos. Son moi chulos!!!!!

SON PROTAGONISTA: MARCO

Imagen
    MARCO está hoxe no cole moi ben acompañado polo seu irmán MATÍAS , a súa nai BLANCA e o seu pai DAVID para falarnos do que máis lle gusta xogar: OS XOGOS DE MESA      Ao principio, Marco tiña varias opcións, coma os animais, samaín e os xogos de mesa.       Pero como na casa ten unha gran colección deste xogos, decidíu ensinarnos dous deles.        O primeiro foi : ADIVINA EN 10 . Un xogo de preguntas para adiviñar o animal da tarxeta. Só podes facer preguntas onde a resposta sexa sí ou non: É un animal que corre moito?, é carnívoro?, vive na sabana?...      O outro xogo de mesa que nos ensinou Marco foi  SPY GUY FANTASY , un xogo de cooperación onde é necesario ser moi observador para buscar pista no taboleiro xigante de xogo.     O poderoso dragón Balasar robou todas as riquezas dos habitantes da aldea e os escondeu nunha cova. Spy Guy viaxa a este mundo para atopar a guarida do dragón e...