Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2025

SAÍDA EXPONAV

Imagen
     O pasado venres, o ciclo de Educación Infantil do cole de Esteiro disfrutou dunha saída ao Museo de Construcción Naval "EXPONAV".     Alí, as nenas e nenos realizaron 2 obradoiros:    Bandeiras    Búsqueda  do tesouro.    Na primeira actividade, o alumnado decorou o nome do museo EXPONAV con diferentes bandeiras náuticas:     E na segunda actividade, buscamos o tesouro agochado a través de varias pistas que se atopaban en diferentes lugares do museo.      Conseguimos dar co tesouro 😍 👏👏!!!!         Podedes ver todo no seguinte vídeo:         

SON PROTAGONISTA: LAURA

Imagen
    Laura  veu acompañada a clase coa súa nai Uxía e co seu pai Rafa para contarnos unha viaxe inolvidable que fixeron ao:           PARQUE WARNER e ao PARQUE EUROPA , de Madrid.     Para elo foron en avión dende A Coruña.         Chegaron ao Parque Warner , que está a 25 km de Madrid, en San Martín de la Vega. Está baseado en personaxes e películas da Warner Bros e hai atraccións para todas as idades.       Aquí podemos ver o ser mapa.        Despois, Laura  ensinounos algunha atracción na que montou e un espectáculo de Supermán.      O que máis lle gustou do Parque foi o Cartoon Village , na que visitou a Casa da Avoíña e a Casa de Bugs Bunny .                Ao día seguinte, Laura e a súa familia foi ao PARQUE  EUROPA , onde visitaron a Fontana de Trevi de Roma , a Ponte de Londres , deu un paseo en barca ,...

ENTROIDO 2025

Imagen
Este ano a temática do Entroido foi o aniversario do noso cole, que celebrou os seus corenta anos de vida no pasado mes de outubro.  Ao longo deste curso, estamos a realizar diferentes actividades para conmemorar esta data tan especial.  Entre elas, un calendario cos feitos máis sinalados entre 1984 e 2024, recompilando 40 anos de historia. Este calendario servíu de eixo para organizar o Entroido 2025 e así foi disfrazada cada clase:  Educación infantil: Accidente do Discovered Interprise (1998) 1º de primaria: Pabillón do colexio de Esteiro (2003) 2º de primaria: Campus Universitario en Ferrol (1993) 3º de primaria: Camiño de Santiago. Patrimonio da Humanidade (1993) 4º de primaria: Ciclón Hortensia (1984) 5º de primaria: Orixe do colexio (1984) 6º de primaria: Desastre do Prestige (2002)/ Museo do Xogo Popular (2002) Aínda que todas as familias recibíchedes un calendario de mesa, podedes ver o calendario (de mesa e de parede) premendo na seguinte imaxe:  Neno...

DÍA DE ROSALÍA

Imagen
O 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro , data na que a escola sempre programa algunha actividade en torno a esta senlleira figura das letras.  O Equipo de Dinamización de Lingua Galega do cole propuxo realizar un programa de radio , así que todos os nenos e nenas da escola puxéronse mans á obra. Ao longo de varias semanas, nenos e nenas de cada ciclo foron coñecendo información sobre a súa vida e obra para despois, dirixidos polo alumnado de 5º e 6º de primaria, gravar un programa en Radio Buxaina.  O alumnado de infantil aprendeu o poema "Adiós ríos, adiós fontes" para poñer o broche de ouro a un programa moi interesante que podedes escoitar aquí:  https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/node/1280 Tamén realizaron outras actividades, entre outras, un fermoso marcapáxinas que levaron para casa.