SON PROTAGONISTA: NACHO


     Nacho é un gran deportista e quere falarnos de dous deportes que practica:
FÚTBOL  e  a  EQUITACIÓN!


    Para elo, hoxe veu  a clase moi ben acompañado pola súa nai Estefanía, a súa irmá Gabriela e o seu pai Alberto.

    Primeiro, empezou polo FÚTBOL e explicounos as diferentes ZONAS DO CAMPO (área, córner, banda, portería e mediocentro), así como que é un PENALTI.



     Hai que ter coidado porque o ÁRBITRO pode pitar falta e sacar TARXETA AMARELA  (aviso)  ou  VERMELLA (expulsión sen xogar).


      Tamén ensinounos cal é a EQUIPACIÓN para xogar ao fútbol, deporte que practica co seu amigo e compañeiro Álex, e ensinounos a COPA e a MEDALLA que gañou. QUE  CHULAS!!!!



    Despois, mostrounos o outro deporte tan bonito que practica, que é a EQUITACIÓN.
      Nesta foto está Nacho con 2 anos montando nun poni na Granxa Escola Belelle, en Neda.


         Tamén vai á escola Equo Alalma, en Brión.

      Para montar a cabalo é necesario ter unha EQUIPACIÓN especial: un casco, un chaleco, unhas botas, calcetíns e un pantalón.



      Ademais, para montar a cabalo son necesarios unha serie de ELEMENTOS, sendo os seguintes: un suadeiro, unha cadeira de montar, riendas, estribos e bocado.



          Aos cabalos tamén lles gunta moito as CHUCHES: as mazás, as cenorias e o pan. Uuummmm!!!


      E coma todos os animais, necesitan uns COIDADOS, sendo moi importantes: o cepillado, o lavado, poñer unhas ferraduras, limparlle os cascos, limpar as cortes, pasear e, sobre todo, dar moito, moito cariño.





         Nacho ten 2 éguas na casa dos avós: Ariel e Flamenca.


      Ariel veu á familia este Nadal. Que ben se portaron Nacho e Gabriela este ano,  que Papá Noel lles trouxo un animal tan bonito e que coidan tan ben!!!

    MOITAS  GRAZAS  NACHO!!! FIXÉCHELO XENIAL!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2024: TEATRO DE TÍTERES