SON PROTAGONISTA: LUCAS
LUCAS está coa súa nai PAULA e o seu pai MARCOS na escola para contarnos unha gran viaxe familiar que fixeron a unha illa.
Esta illa é TENERIFE.
Para poder viaxar a este paraíso, tiveron que subir a un AVIÓN.
Viaxaron de noite e chegaron ao destino xa de día. Despois colleron un bus, que en Canarias chámase GUAGUA.
Lucas ensinounos onde está Tenerife nun globo terráqueo.
Aprendimos que as Illas Canarias son volcánicas e en Tenerife atópase o VOLCÁN chamado TEIDE. Foron a visitalo e colleron un coche e tamén subiron a un TELEFÉRICO.
Na praia recolleron ROCHAS VOLCÁNICAS e trouxeron unhas poucas para poder velas. Non pesaban nada!
A Lucas o que máis lle gustou foi a visita ao Teide e o Loro Park.
Ademais, Lucas repartíu uns agasallos moi chulos aos seus compis.
Comentarios
Publicar un comentario