VISITA Á EXPOSICIÓN EN AFUNDACIÓN

O venres 22 de novembro o alumnado de 5º e 6º de infantil visitou a exposición "O obxecto contemporáneo e doméstico", que pertence a unha serie de exposicións que se están a realizar nas sete cidades galegas dentro do proxecto Simultánea: sete exposicións, en sete cidades. 


Nesta exposición abordase o obxecto dende unha perspectiva contemporánea -todas as obras pertencen aos séculos XX e XXI- e en clave doméstica. O doméstico non é só un espazo físico, senón un conxunto de relacións, funcións e desexos que habitan os fogares e definen aos seus habitantes, e de aí que algúns artistas acudan a el para transmitir as súas experiencias persoais.

A exposición ten diferentes apartados: 

  • Obxectos na mesa
  • Naturezas de interior
  • Paredes pintadas
  • Luces de cristal
  • A metáfora do obxecto
  • A mirada fragmentada
Nelas atopamos obras de artistas tan recoñecidos como Segura Torrella, Luis Seoane e Carlos Maside e tamén artistas contemporáneos dos que fomos coñecendo a súa obra como Xurxo Oro, Héctor Francech ou Elena Gago

A visita tivo dúas partes: visita á exposición, atopando unha serie de pistas como fío condutor, e un taller onde poder plasmar a nosa creatividade por medio de diferentes materiais. 

No video veredes o interesante que foi a visita!




 


Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2024: TEATRO DE TÍTERES