2º TRIMESTRE NA CLASE DE 3 ANOS

Rematado o 2º trimestre chega o momento de compartir con vós, as familias, algunhas das actividades e vivencias que experimentamos nestes meses. 

A medida que pasan as semanas imos sendo cada vez máis autónomos e autónomas, xa temos interiorizadas as rutinas e actividades que acontecen no día a día e, como grupo, cada vez estamos máis unidos. 

Os xogos olímpicos invadiron as aulas de infantil, pero tamén houbo tempo para coñecer as partes do corpo, comezar a escribir o noso nome, facer xogos matemáticos, manipular diferentes materiais e utensilios...

No video veredes estas e outras actividades... Esperamos que vos guste e sirva como punto de partida para conversar sobre a escola e todo o que facemos nela. 




Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023