DÍA DA PAZ 2024


Este ano celebramos o Día da Paz cunha actividade moi especial: unha carreira solidaria

                                                        

Xa que este ano estamos a traballar sobre as olimpíadas, que mellor que afondar na parte máis solidaria do deporte, recadando alimentos para a Cociña Económica de Ferrol

En todas as aulas prepararon os dorsais que servirían para facer os tríos de corredores e corredoras. Así os maiores do cole serían os encargados de buscar no pavillón aos pequenos corredores, guiándose polo número de dorsal. 

Grazas a todas as familias por aportar o seu pequeno gran de area e facer posible a doazón á Cociña Económica.

Cada neno e nena de infantil levou para casa unha medalla de ouro, recordo deste día e símbolo de que todos gañamos cando traballamos xuntos e xuntas para mellorar a nosa sociedade. 

Parabéns a todos e todas a participantes!




Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023