CREACIÓNS LEGO 2º TRIMESTRE
Olaaaa!!!
Son a Pescadora de historias. Estou a botarvos moitísimo de menos, síntome moi rara nunha biblioteca tan baleira e teño moitísimas gañas de que voltedes a visitarme cada semana. A pesar de todo, intento manterme sempre ocupada. Esta semana prepareivos un vídeo coas creacións Lego que fixestedes durante o segundo trimestre, quedaron chulísimas!!!
Aí volo deixo para que o desfrutedes e, sobre todo, para que vos animedes a seguir creando e construíndo nas vosas casas coas pezas que teñades, da igual que non sexan Lego; o importante é imaxinar, xogar e pasalo ben.
Comentarios
Publicar un comentario