CONTO CONTIGO 3 ANOS: NOA

Na clase de 3 anos os pais de Noa, Cristina e Luis, acudiron para contarnos o conto "A que sabe a lúa". É unha historia na que van aparecendo varios animais que queren coñecer cal será o sabor da lúa pero sós non son quen de averigualo. 
Ademais de contalo, Luis preparou os animais en cartón e puidemos ver como ían formando unha gran torre ata acadar a lúa. Para rematar puidemos probar a lúa nós tamén, xa que a familia de Noa convidounos a tomar unhas saborosas obleas.
Moitas grazas por vir e compartir con nós este ratiño. Encantounos!



Por se queredes coñecer este conto de Michael Grejniec deixámosvos aquí un video do mesmo.
E vós... a que pensades que saberá a lúa?



Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023