SON PROTAGONISTA: SEBASTIAN
A Sebastian lle encantan os VIDEOXOGOS!!!!!
Sebas veu acompañado a clase co seu avó Darwin e da súa avoa Nailet para contarnos moitas cousas sobre o seu xogo favorito: os videoxogos.
Tamén estaba o seu tío Jazer, que gravou a exposición para tela de recordo.
Comezou explicando que é un videoxogo e mostrounos como xoga na casa.
É un dispositivo electrónico que permite, mediante uns mandos, simular xogos nunha pantalla dun televisor, ordenador, móvil ou tablet.
Aquí está Sebas xogando na súa casa ao seu xogo favorito de Super Mario Bros.
Tamén nos contou Sebastian que hai diferentes TIPOS de consolas:
- Nintendo Switch.
-Play Station 5
-Xbox
E estas consolas teñen uns MANDOS para poder xogar.
Ademáis, contounos que xogar a videoxogos ten uns BENEFICIOS como:
-Axudan a mellorar a lectura
-Ensinan outros idiomas
-Podemos traballar en equipo
-E a resolver problemas
Pero, por outro lado, hai que ter moi en conta unha serie de SUXERENCIAS cando xogamos cos viodeoxogos, como:
-Temos que xogar baixo a supervisión dun adulto.
-É necesario ter uns horarios para xogar.
-Non debemos xogar en liña.
-Ainda que nos guste moito xogar, debemos cumplir as normas e respetar os horarios.
MOITAS GRAZAS SEBAS!!!! GUSTOUNOS MOITO!!!
Comentarios
Publicar un comentario