Entradas

Mostrando entradas de junio, 2024

ACTIVIDADES 3º TRIMESTRE NA AULA DE 3 ANOS

Rematou o curso e toca descansar un pouquiño despois da morea de actividades que fixemos no 3º trimestre. No video veredes moitas delas, ainda que non están todas, xa que é difícil resumir tres meses en apenas dous minutos. E como canta Magín Blanco na canción "xa somos maiores", claro que si, medramos e aprendimos moito neste curso, así que agora tocan as merecidas vacacións. Apertas de todos os nenos, nenas e profesorado da clase de 3 anos . Disfrutade do verán! 

O MUNDO MARIÑO: O POLBO

Imagen
      Neste tercer trimestre, os nenos e nenas elixiron o seu propio centro de interese para traballar na aula. O animal mariño máis votado foi o POLBO .     Descubrimos e aprendemos moitas cousas curiosas do polbo, como as seguintes:     -A súa sangue é de cor azul.    -Ten 8 tentáculos.    -Conta con 3 corazóns.    -Posúe 9 cerebros.    -Pode camuflarse.    -Existen moitos tipos de polbos    -e moitas cousas  máis.    Podedes descrubrir todo no seguinte vídeo:    

SAÍDA ALDEA NOVA

Imagen
                                           Hai máis de 1.700 anos... unha noite de San Xoán, aproveitando que a   Moura de Sedes   fora saltar a cacharela á casa da súa irmá, a   Meiga Dorinda , o   Nubeiro do Alto do Coto   e a   Xacia do Xuvia   entraron na súa casa e roubáronlle o angazo co que a Moura todos os días estendía o seu tesouro na eira ao sol, a vasoira coa que todos os días a Moura barría o seu tesouro para que relucira tanto que o seu brillo cegara a todos os que por alí pasaran e o cofre coa chave onde a Moura gardaba con todo o agarimo o seu tesouro. Hai máis de 1700 anos que a Moura de Sedes abandonou a súa aldea, apenada non tanto polo tesouro roubado como porque llo roubaran os seus propios veciños e veciñas. Hai máis de 1700 anos que o   Trasno Perollo   intenta recuperar o tesouro da súa máis prezada amiga, a Moura de Sedes, sen éxito.    AÍNDA QUE CHOVEU UN POUQUIÑO, FIXEMOS UNHA MOREA DE ACTIVIDADES MOI DIVERTIDAS E PASAMOS UN DÍA XENIAL!!!    PODEDES VERLAS TO

APADRIÑAMENTOS LECTORES

O alumnado de 4º. 5º e 6º de primaria estiveron visitando aos peques de infantil tendo como punto de unión a lectura. Deste xeito convertíronse en padriños e madriñas lectoras dos nenos e nenas de infantil.  Para organizar esta actividade primeiro acudiron á biblioteca a coñecerse, ou no caso dos nenos e nenas de 5 anos a reencontrase, cos seus padriños e madriñas. Nesta sesión falaron, leron algún conto, xogaron ou fixeron un debuxo, calquera actividade que servise para conectar e comezar a crear un vínculo cun compañeiro/a da escola, en moitos casos descoñecido.  Despois os maiores acudiron á biblioteca a escoller unha lectura apropiada para os seus afillados e afilladas, en función dos seus gustos e a súa idade.  E, para rematar, esta semana realizamos unhas lecturas ao aire libre, nas que compartimos historias, algo de xogo e un pequeno agasallo.  O alumnado de infantil tamén preparou uns debuxos para que os seus padriños e madriñas tivesen un recordo da actividade, seguro que qued