VISITA AO TERCIO NORTE

O martes, 28 de maio, todos os nenos e nenas de infantil fixemos unha visita ao cuartel de infantería do Tercio Norte, situado no mesmo barrio que o colexio. 

A proximidade permitíu que fixésemos a visita a pé, camiñando pola beirarrúa e pasando por lugares como Navantia ou a Universidade. 

A nosa chegada disfrutamos dun concerto da banda de música, no que aprendimos as diferentes familias de instrumentos e escoitamos cancións tan coñecidas como Aladdin, a Bela e a Bestia ou Bob Esponja. Pero tamén escoitamos outro tipo de cancións como unha marcha militar ou o cancán. 

Despois, na zona do patio, participamos nunha exhibición canina. Había varios cans e fomos testigos de como detectan obxectos dentro de maletas, nas persoas... e incluso poden atopar un explosivo nunha furgoneta. No noso caso sempre actuaban atopando "chuches" así que non houbo ningún perigo. Puidemos velos de cerca, tocalos... moitos de nós tiñamos moita ilusión de darlles un agarimo :-)

O día acompañou e voltamos de novo a escola camiñando, xa con un pouquiño de fame e con gañas de xogarmos no recreo. 

Foi unha mañá divertida e interesante na que aprendimos unha morea de cousas. Moitas grazas a todo o persoal do cuartel pola súa amabilidade e atención. 

No video veredes como se desenvolveu a visita, esperamos que vos guste!




Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

ENTROIDO 2024