PROXECTO "OS XOGOS OLÍMPICOS"

Ao longo do 2º trimestre o corredor de educación infantil achegouse a Olimpia, en concreto, á celebración dos Xogos Olímpicos. Durante varias semanas afondamos no coñecemento de diferentes deportes, a orixe das Olimpíadas, os seus símbolos e elementos máis característicos, diferentes mascotas...

Como sempre temos que agradecer ás familias a súa colaboración, aportando libros e contos, información, materiais deportivos... que puidemos compartir cos nosos compañeiros e compañeiras. 

Foron semanas moi intensas, cun divertido Entroido de por medio, no que nos caracterizamos como esgrimistas, deporte sobre o que tamén aprendimos moito. Sobre este deporte elaboramos un cartel informativo que estivo exposto na entrada da escola. 


Con toda a información elaboramos un lapbook cunha chea de actividades e xogos que poderemos repetir e compartir as veces que queiramos. 

No video veredes como foi o desenvolvemento deste proxecto conxunto entre as tres aulas de educación infantil. 





Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023