DÍA DA PAZ 2022: LENDA DAS 1000 GRULLAS DE SADAKO SASAKI

 

        Este ano, o DÍA DA PAZ está adicado a unha lenda moi emotiva:  A  LENDA  DAS 1000 GRULLAS DE SADAKO SASAKI.

   Todo comeza na Segunda Guerra Mundial, cando o 6 de agosto de 1945, cae unha bomba na cidade de Hiroshima.
   Sadako tiña 2 anos e sobrevive á bomba, pero non aos efectos nocivos da mesma.
   En 1955, á idade de 12 anos, cae enferma. No hospital, a súa amiga Chizuko lle menciona a lenda das 1000 grullas de papel: "Aquela persoa que realice 1000 grullas, o seu maior desexo farase realidade".
    Sadako pedíu sanar, pero tamén que ningún nen@ enfermara polas guerras.
     Non puido ser, e Sadako morreu cando tiña feitas 644 grullas. A súa amiga Chizuco, os seus compañeir@s de clase e os seus pais seguiron realizando grullas ata alcanzar as 1000.
   Os pais de Sadako deron a coñecer a súa historia, converténdose a GRULLA  nun símbolo mundial da paz.
    No Parque da Paz de Hiroshima existe unha estatua de Sadako Sasaki sostendo unha gran grulla nas súas mans.
    

   Cada 6 de agosto, énchese a praza de grullas enviadas de moitos países recordando o sucedido e desexando que nunca máis volva a ocurrir.
   
     O cole de Esteiro deu a coñecer a historia na comunidade educativa e formulouse o RETO DAS 1000 GRULLAS.

      Neste ano 2022 seguimos mantendo as distancias, grupos burbullas, evitar contactos, mascarillas...; por iso necesitábamos levar a cabo un PROXECTO COMÚN entre tod@s, e que nos unira.

       O reto parecía moi difícil nun cole pequeno, pero a unión fai a forza e con moita ilusión CONSEGUÍMOLO!!!!!!





      
          Tamén elaboramos coa colaboración de Sara, Lara e Andrea, de 6ºA, o MURAL DA PAZ con xiz na pizarra de usos múltiples, onde pode verse a liña temporal da historia de Sadako Sasaki.


   Como chegamos ás 1000 grullas, o venres 28, a modo de acto simbólico, cada curso no seu horario marcado previamente escribíu un DESEXO por clase, tal e como establece a lenda.
              E oito máis...

       A continuación, pode verse un vídeo con un conto explicativo da historia de Sadaco e outro vídeo coas  fotos dos nenos e nenas elaborando as grullas en origami, decorándoas, en tangram, robótica... Como foi un proxecto conxunto están non só os meniños e meniñas do cole, senón tamén os máis maiores. Grazas a tod@s polo esforzo!!!!!
           

   

         SEN TOD@S VÓS, ESTO NON SERÍA POSIBLE!!!! 💓💓

Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023