CONTO CONTIGO 3 ANOS: ROI

A visita dos pais de Roi, xunto co seu irmán Teo, foi o derradeiro contacontos de familias polo de agora... seguro que moi prontiño poderemos seguir recibindo estas visitas que tanto nos gustan. Estas fotos serven para recordar algún momentiño da escola, que moitos de vós botades de menos ;-)
A familia de Roi escolleu contar un conto titulado " A bufanda de Dona Melosa", unha abelliña que tecía e tecía sen parar...
Como veredes nas fotos estivemos moooi atentos e atentas e, por suposto, ao rematar tocou darlle unha chea de mimiños a Teo. Canto nos gusta un bebeciño nesta clase!
Moitas grazas a Paula, Javier, Teo e Roi por este ratiño de lectura na escola.

Ver las imágenes de origen




Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023