EXCURSIÓN Á GRANXA ESCOLA BELELLE

Para ir iniciando a despedida deste curso escolar os pequenos e pequenas de Educación Infantil fixeron unha visita á granxa escola de Belelle. 

Os nenos e nenas coñeceron aos animaliños que viven na granxa, montaron no poni León, fixéronlle unha visita ao cerdo Antón, ao burro Rufo, á vaca Saquira e ao dromedario Pipo. Tamén puideron darlle de comer ás galiñas da granxa e observar diferentes tipos de ovos. 

Outra das actividades que realizaron foi a elaboración do seu propio boliño de pan, que posteriormente levaron ás súas casas. Seguramente algún/a xa aproveitou para comelo de camiño á casa! Que rico! 

A excursión resultou un momento moi gratificante para os pequenos e pequenas, un momento de compartir cos seus compañeiros/as experiencias que estamos seguras recordarán sempre!




































Saúdos!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023