MUSEO DO HUMOR
Neste 2º trimestre todos os nenos e nenas de infantil fixemos unha visita ao Museo do Humor "Xaquín Marín" , situado no Concello de Fene. Á nosa chegada, recibiunos Almudena , coordinadora do museo, que fixo de guía por todas as salas. Despois dun ratiño de risas nos "espellos deformantes" pasamos ao museo, onde ademais de viñetas e ilustracións, hai estatuas, libros, cómics... O museo chámase "Xaquín Marín" en homenaxe ao seu creador. Tamén teñen unha mascota, a Curuxa , e hai uns premios co seu nome, que se celebran todos os anos. Tamén vimos un espazo dedicado a caricaturas, visitamos a sala do humor negro, onde a nosa roupa branca comezou a brillar... Despois, visitamos a Biblioteca Municipal de Fene , ubicada no mesmo edificio. Disfrutamos dos contos da biblioteca e t ivemos un tempo de lectura coas mestras. Moitas grazas a Almudena, gust...