SON PROTAGONISTA: OLIVIA
OLIVIA veu acompañada a clase coa súa irmá Claudia e coa súa curmá Greta para contarnos cal é a súa actividade favorita. A Olivia lle encanta ir a clases de GUITARRA !!!! O seu profe de guitarra é Javi e é unha actividade extraescolar do cole. Comezou este curso e aprendeu moitas cousas. Empezou contando que a primeira guitarra española foi creada por Antonio de Torres Jurado no ano 1850. É un instrumento de corda pulsada composta por unha caixa de madeira, un mástil con diapasón e 6 cordas. Tamén nos contou que o ukelele non ten 6 cordas, senón 4. Ademais, explicounos as partes da guitarra, as notas musicais que ten cada corda e nos mostrou como soa. Aquí están as rockeiras de Esteiro!!!!!...