Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2024

VISITA AO TERCIO NORTE

Imagen
O martes, 28 de maio, todos os nenos e nenas de infantil fixemos unha visita ao cuartel de infantería do Tercio Norte, situado no mesmo barrio que o colexio.  A proximidade permitíu que fixésemos a visita a pé, camiñando pola beirarrúa e pasando por lugares como Navantia ou a Universidade.  A nosa chegada disfrutamos dun concerto da banda de música, no que aprendimos as diferentes familias de instrumentos e escoitamos cancións tan coñecidas como Aladdin, a Bela e a Bestia ou Bob Esponja. Pero tamén escoitamos outro tipo de cancións como unha marcha militar ou o cancán.  Despois, na zona do patio, participamos nunha exhibición canina. Había varios cans e fomos testigos de como detectan obxectos dentro de maletas, nas persoas... e incluso poden atopar un explosivo nunha furgoneta. No noso caso sempre actuaban atopando "chuches" así que non houbo ningún perigo. Puidemos velos de cerca, tocalos... moitos de nós tiñamos moita ilusión de darlles un agarimo :-) O día acompañou e vol

LETRAS GALEGAS 2024

Imagen
    Este ano, o Día das Letras Galegas está adicado a  LUÍSA VILLALTA : escritora, violinista, activista e defensora do galego.    Na entrada do cole, realizamos unha exposición con diferentes debuxos dos nenos e nenas, Cada nivel educativo elaborou unha parte da súa extensa biografía correspondente á súa corta vida.     En infantil, confeccionados 3 debuxos relacionados co seguinte:    -Luísa naceu na Coruña o 15 de xullo do ano 1957.    -Medrou no barrio A Falperra, onde pasou unha infancia moi feliz coa súa familia, as súas mascotas, o seu violín e os seu libros.    -Foi profesora da Lingua Galega en diferentes institutos, sendo un deles o IES de Canido, en Ferrol.     Con todos estos debuxos elaborarase un LIBRO coa súa biografía.     Ademáis, como Luísa foi unha gran violinista, os nenos e nenas de infantil realizaron uns colares cunha nota musical en pasta blanca.    Podedes realizar un visionado destas actividades no seguinte vídeo:           Esperamos que vos guste moito!!!

OS MAIOS 2024

Imagen
      Como cada ano, o cole de Esteiro celebra a chegada da primavera coa celebración dunha festa tan nosa e colorida como son O S M A I O S .     Este ano temos que dar as grazas aos nenos e nenas de sexto de primaria e a Eva, que colaboraron na súa composición e deseño.     Quedou moi bonito!!!!!!     Podedes ver tódalas actividades no seguinte vídeo:    

DÍA DO LIBRO 2024

No cole de Esteiro celebramos o Día do Libro cun xogo de pistas que chamamos "O Preguntón" . Consiste en atopar unha serie de sobres de colores, que poden estar na clase, no Museo do Xogo Popular, na biblioteca... Nesta ocasión, tamén consultamos os carteis que realizamos no Entroido sobre os xogos olímpicos, xa que había preguntas relacionadas coas Olimpíadas . Cada clase de infantil dividiuse en 5 equipos, e cada equipo tiña asignada unha cor por medio dun colgante que, despois, puidemos levar para casa. Unha vez atopado o sobre, hai que tentar responder á  pregunta ou adiviña que aparece, ben falando co noso equipo, explorando polo museo, demostrando o coñecemento que temos da biblioteca... Cando atopamos os 5 sobres, entre todos, tivemos que resolver unha proba final , onde tiñamos que descubrir onde podería estar agochado un pequeno tesouro . Tivemos que axudarnos dunha lanterna máxica, xa que a mensaxe estaba escriba con tinta invisible.  Foi moi divertido recorrer to