Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2025

SAÍDA A CORREOS

Imagen
     As nenas e nenos de 4 e 5 anos realizaron unha saída á oficina de CORREOS de Ferrol e foron CARTEIROS  e CARTEIRAS por un día.    Realizamos moitas actividades: Primeiro poidemos disfrutar da arquitectura da oficina e observar a súa vidriera   Collimos cita na pantalla  Compramos os selos Cada neno e nena pegou o selo na súa carta e lle puxo o mataselos  Poideron ver como se envían paquetes Como son as motos de reparto  E metimos as cartas na caixa de correos tan característica con forma de león.    Agora só queda esperar para recibir a carta na casa!!!    Temos que dar as grazas á oficina de Correos por explicarnos e atendernos tan ben.    No seguinte vídeo podedes ver todas as actividades realizadas:         

DÍA DO PEÓN 2025

Imagen
      Un ano máis o centro celebra o Día do Peón , un xoguete popular de gran arraigo entre a nosa comunidade educativa.         As actividades deste ano son as seguintes: Cartel-mosaico coas fotos do alumnado. Decoración dun peón por grupo. Acto colectivo e tirada conxunta. Entrega dos diplomas de Máster e Supermáster de Peóns.     Podedes disfrutar destas actividades no seguinte vídeo:

MAGOSTO 2025

Imagen
     Continuamos con outra festa tradicional do OUTONO, a festa do: MAGOSTO    Veu ao centro, o noso xa coñecido, o CASTAÑEIRO RAMÓN ,  quen repartíu as ricas castañas entre todo o alumnado. Na foto están os nenos e nenas da clase de 5 anos vendo como asa as castañas e esperando que nos dea unhas poucas 😋     Xa nas clases poidemos degustar as castañas asadas e levar unhas poucas nun cucurucho de cartulina ou nun brick de leite decorado.       Podedes ver todas as actividades no seguinte vídeo:

SAMAÍN 2025

Imagen
        XA CHEGOU A PRIMEIRA FESTA DO OUTONO AO COLE DE ESTEIRO: O SAMAÍN      PARA ELO, DISFRUTAMOS DE MOITAS ACTIVIDADES: DECORACIÓN DE CABAZAS PLANTAR SEMENTES DE CABAZA DECORACIÓN DAS AULAS E DAS SÚAS PORTAS DISFRAZARSE EXPOSICIÓN DE CABAZAS      TAMÉN TEMOS QUE AGRADECER Á ANPA  POLA DECORACIÓN DA ENTRADA E DO CORREDOR DE INFANTIL, QUE QUEDOU ESPECTACULAR   E   TERRORÍFICO.      PODEDES DISFRUTAR DE TODAS AS ACTIVIDADES NO SEGUINTE VÍDEO:        PASÁMOLO DE MEDO!!!!!! 💀