Entradas

SON PROTAGONISTA: LÍA

Imagen
       Lía quere contarnos a súa viaxe de vacacións de verán a unha illa : MENORCA              Veu a clase coa súa nai Vanesa e co seu pai Ramón a contarnos esta viaxe familiar coa súa irmá Sofía e coa súa curmá Carla .             Saíron do aeroporto da Coruña e, para Lía e Sofía, era a primeira vez en subir a un avión. Ía un pouco nerviosa, pero puido pintar e lle tocou ao lado da ventanilla do avión.             Despois chegaron ao hotel, onde sacaron moitas fotos, disfrutaron da piscina, das actividades e dos espectáculos. Camiseta pintada no hotel         Tamén percorreron a illa e visitaron lugares moi bonitos.         Ademais, Lía ensinounos unha foto que lle sacou a súa curmá cunha cámara que imprime.        E para rematar, Lía reparte aos seus compañeiros e compañeiras un agasallo personalizado. ...

SON PROTAGONISTA: JORGE

Imagen
  A Jorge lle encanta un superheroe chamado LINTERNA VERDE .     Para explicarnos moitas cousas sobre este personaxe de cómic, veu co seu pai ÓSCAR e coa súa irmá EMMA .     Green Lanter ten un ANEL  que lle da moitos poderes, como: voar e crear unha barreira de enerxía.            Linterna Verde ten unha serie de aliados, pero tamén moitos inimigos.     Jorge trouxo uns CÓMICS que poideron ver os seus compañeiros e compañeiras.          Jorge tamén ten o traxe para disfrazarse.         Emma e Jorge repartiron aos nenos e nenas un anel de Linterna Verde de agasallo.        Apagamos a luz e baixamos as persianas.           MOITAS GRAZAS  JORGE  POR ENSINARNOS  ESTE SUPERHEROE!!!

SON PROTAGONISTA: MATEO FRAGA

Imagen
      Mateo quere ser cociñeiro de maior e hoxe no cole quere contarnos como cociña na casa.     Veu coa súa nai Verónica e co seu pai Miguel para explicarnos que ingredientes son necesarios para facer masa de PIZZA :    .Fariña    .Auga    .Aceite    .Sal     E que utensilios  son necesarios:    .Rodillo    .Gorro e delantal      Mateo explícanos que cociña co seu pai e os PASOS a seguir.                              Tamén lle  botou queso, tomate e xamón, e este é o resultado. UUUMMMM!!!!!! Que boa pinta!!!!     A  comeeeerrrr!!!     E agora Mateo nos explica como se fai unha BURGUER : Pan Carne Pasar pola plancha               Moitas grazas Mateo!!! Eres un gran cociñeiro !!!!

SON PROTAGONISTA: ALBA

Imagen
     Alba quere contarnos unha viaxe familiar que fixo o ano pasado a unha illa : LANZAROTE .     Para elo, veu acompañada pola súa nai Patri a contarnos esta viaxe tan bonita.    Saíron do aeroporto de Santiago de Compostela "Rosalía de Castro" dirección  Lanzarote.     Alba contounos que en Lanzarote sempre disfrutan dun bo tempo, hai unha hora menos e é unha illa volcánica.     Visitaron o Parque Nacional de Timanfaya e o Parque Temático Rancho Texas.     Tamén descrubriron un cangrexo, os "jameos da auga" , que só existen en Lanzarote e son uns cangrexos albinos e cegos.      Como facía moita calor, disfrutaron das piscinas e da praia.     Alba agasallou aos seus compis cunha pulseira de pedras volcánicas.          Moitas grazas Alba, unha viaxe moi bonita!!!!!