O PREGUNTÓN
Un ano máis celebramos o Día do Libro na escola co Preguntón. O Preguntón é un concurso no que todo o alumnado da escola contesta unha serie de preguntas relacionadas cos libros, a biblioteca e algunha temática concreta, neste caso referidas ao Museo do Xogo Popular.
Este curso o formato mudou un pouquiño, e plantexouse como xogo de pistas, así que nenos e nenas de infantil tiveron que realizar unha serie de probas na aula, museo e biblioteca da escola. Paso a paso, foron facendo un percorrido pola colexio, atopando pistas, resolvendo adiviñas ou contestando algunha pregunta.
En cada clase houbo 5 grupos, asociados a cinco cores por
medio duns colgantes cun peón, que despois os peques puideron levar para casa. As pistas estaban en sobres de cores, se
atopaban un sobre vermello contestaba o grupo que tiña o colgante desa cor, e así sucesivamente ata atopar o resto dos sobres: amarelo, verde, laranxa e azul.
Esta actividade está incluída na liña de traballo de
dinamización do Museo do Xogo Popular que estamos levando a cabo este curso.
Deste xeito damos visibilidade ao museo, promovendo o seu coñecemento e
disfrute.
E vós... animádesvos a xogar?? Nun dos videos tedes algunhas adiviñas, por se queredes probar J
Comentarios
Publicar un comentario