Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2019

LECTURAS COMPARTIDAS

O alumnado de 4º de primaria preparou un contacontos para os nenos e nenas de 3 anos sobre "Las bolsitas de la señora T" de Paula Merlán.  A actividade desenvolveuse na biblioteca da escola e ademais da propia lectura, o alumnado de 4º preparou marionetas de papel e dedicou un tempiño a facer debuxos relacionados co conto cos pequerrechos. Foi unha experiencia xenial e seguro que repetirán con outros cursos. Grazas compis!

Novas propostas na clase de 3 anos

Imagen
Pouco a pouco pasaron as semanas e xa case levamos 3 meses xuntos! Qué rápido pasa o tempo verdade? Pois neste tempo fixemos un montón de cousas interesantes e algunhas delas poderédelas coñecer no seguinte video. Tocamos moitos temas:  as froitas e plantas ,  as cores e as súas mesturas ,  as letras ,  os experimentos ... e sempre queda tempo para xogar todos xuntos, saír ao patio, ler contos, que ben aproveitamos a xornada! Falando de contos, que nos encantan, unha das actividades que fixemos xirou en torno ao conto  "Pequeno azul, pequeno amarelo"  de Leo Lionni. Se non o coñecedes paga a pena velo ;-)

NON É MAXIA, É CIENCIA

Imagen
     Continuando co Mes da Ciencia en Galego , promovido pola biblioteca escolar do noso cole, os nenos e nenas de 4 e 5 anos participaron nuns obradoiros internivelares moi interesantes, onde expuseron diferentes experimentos.        A clase de 5 anos, en relación co seu proxecto do corpo humano, explicaron ao curso de segundo de primaria como funcionan os pulmóns no noso corpo.       E a clase de 4 anos expuseron  ao curso de terceiro de primaria como pode inflarse un globo sen tocalo, únicamente cunha botella e unindo dous elementos como son: o vinagre e o bicarbonato de sodio. PASÁMOLO   XENIAL!!!!!!!