Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2020

CHEGOU O NADAL!

No mes de decembro fixemos un montón de actividades nas aulas relacionadas co Nadal . Encántannos estas datas e - aínda que este ano hai moitas cousas que non puidemos facer - foi un mes cheo de emocións e nervios, previos ás desexadas vacacións.  Na presentación veredes fotos de varias das tarefas, tanto a nivel de ciclo como de aula, pero houbo algunhas máis. Por exemplo, tivemos unha sorpresa de parte de Papá Noel que enviou un vídeo a cada clase para informarnos de que os nosos agasallos xa estaban preparados :-) A nivel de centro, cada clase preparou unha estrofa da panxoliña "Volver a casa polo Nadal" que formou parte dun vídeo conxunto no que aparecían todos os nenos e nenas da escola. Proxectámolo nas aulas o día 22 e foi o xeito de vernos e estar todos xuntos.  Unha vez máis temos que agradecervos ás familias a vosa colaboración, tanto para vir vestidos con cousas de Nadal, como pola vosa colaboración na merenda do día 22.  Tamén agradecemos ao ANPA a organización