Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2024

DÍA DO LIBRO 2024

No cole de Esteiro celebramos o Día do Libro cun xogo de pistas que chamamos "O Preguntón" . Consiste en atopar unha serie de sobres de colores, que poden estar na clase, no Museo do Xogo Popular, na biblioteca... Nesta ocasión, tamén consultamos os carteis que realizamos no Entroido sobre os xogos olímpicos, xa que había preguntas relacionadas coas Olimpíadas . Cada clase de infantil dividiuse en 5 equipos, e cada equipo tiña asignada unha cor por medio dun colgante que, despois, puidemos levar para casa. Unha vez atopado o sobre, hai que tentar responder á  pregunta ou adiviña que aparece, ben falando co noso equipo, explorando polo museo, demostrando o coñecemento que temos da biblioteca... Cando atopamos os 5 sobres, entre todos, tivemos que resolver unha proba final , onde tiñamos que descubrir onde podería estar agochado un pequeno tesouro . Tivemos que axudarnos dunha lanterna máxica, xa que a mensaxe estaba escriba con tinta invisible.  Foi moi divertido recorrer to