Entradas

Mostrando entradas de 2018

CALENDARIO DE NADAL

Imagen
Na aula de 3 anos, estamos a realizar unha actividade inspirada no famoso calendario de advento. Así, para contar os días que quedan para que chegue o Nadal, abrimos un sobre diario que contén unha foto dun dos nenos ou nenas da nosa clase, o cal ese día recibe un regaliño de carácter simbólico, un debuxo realizado por un compañeiro/a para él ou ela.  Con esta actividade aproveitamos para repasar os números, para seguir avanzando de cara a cohesión grupal e tamén para aprender que nesta época do ano podemos facer regalos coas nosas propias mans, dedicándolle moito esforzo e ilusión.  Dende logo é unha actividade que nos está a reportar moita ledicia a todos e todas! O encargado abrindo o sobre do día 9 Cos seus regaliños personalizados Saúdos

TEATRO O COCIÑEIRO ANTÓN E A PASTELEIRA TOMASA

Imagen
   Teatro Calavera presenta... O COCIÑEIRO ANTÓN E A PASTELEIRA TOMASA !!!!    Os nenos e nenas de infantil, así como primeiro de primaria,  poideron disfrutar dunha gran obra de teatro moi divertida, aloucada e cun toque romántico entre os dous protagonistas; incluíndo un obradoiro de pasta de azucre.     Uuuummmmm...!!!! RIQUÍSIMO!!!

LECTURAS COMPARTIDAS

Imagen
   A clase de terceiro de primaria leu un conto aos pequenos e pequenas da clase de 5 anos de infantil, podendo disfrutar na biblioteca do centro da lectura do libro elixido.  A   LEEEEERRRR!!!!!

DÍA DO PEÓN

Imagen
   O 9 de Novembro o centro celebrou a festa do xogo popular e tradicional do noso centro: o día do Peón.    Para elo, as nenas e os nenos de infantil elaboramos  a nosa buxaina con tapóns e un pau de brocheta, que decoramos con diferentes cores e... A   XOGAR!!!!!

A MALETA VIAXEIRA II

Imagen
A maleta viaxeira segue a circular polas casas dos nenos e nenas de 3 anos. Neste caso a compañeira achegounos 3 obxectos moi especiais para ela: a sua boneca preferida, un conto sobre o espazo onde a protagonista é ela mesma, e un adorno da árbore de nadal que homenaxea aos galgos, cans que son abandonados a diario polos seus donos. Dende logo esta historia fíxonos reflexionar a todos e todas, moitas gracias!! A maleta tamén pasou pola casa dunha compañeira que decidiu acercar ao cole un conto que lle gusta moito: "Chibos chibons", coa sua lectura desfrutamos todos e todas, mesmo algún e algunha querían repetir. Na maleta tamén viña unha boneca coa que pasa moitas tardes de xogos, así como tamén unha pedra e un pequeno tarro con area da praia, os nenos e nenas poideron tocala e recordar así o tacto que ten e as cousas que facemos con ela cando vamos á praia.  Unha experiencia xenial!! Por último, o noso compañeiro decidiu traer na maleta tres xoguetes c