Entradas

Mostrando entradas de 2021

NADAL 2021

Imagen
            Este NADA L continuamos cheos de ILUSIÓNS e FANTASÍA , aínda que seguimos coas restriccións e mantendo a seguridade en todo momento.                Con todo elo, o cole de Esteiro preparou unha chea de actividades:               -1) Dende a BIBLIOTECA , organizouse unha  EXPOSICIÓN con libros do nadal e tivemos unha  sesión  de CINE para os máis pequerrech@s. Non faltaron as pombas de millo !!!! QUE  RICAS!!                  -2) Preparamos o noso ADORNO DE NADAL e con todos eles confeccionamos dúas árbores na cortiza da entrada. QUE CHULAS quedaron!!!!!             Esperamos que queden preciosos nas árbores das vosas casas 💓            -3) Tamén contamos cunha sesión de MAXIA NO NADAL .            Un gran mago pasou por tódalas clases do cole para que ningún nen@ non perda a ilusión e poidamos escoitar moitas risas e aplausos. O MAGO CON BORIS           -4) Non podemos olvidar a tan esperada CHOCOLATADA DA ANPA con CHURROS para rematar o último día de clase a

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2021

Imagen
      O CEIP DE ESTEIRO PON EN VALOR A IMPORTANCIA DE CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL CONTRA  A VIOLENCIA DE XÉNERO: 25 N.            ESTE ANO CELÉBRASE ESTA CONMEMORACIÓN DE DIFERENTES MANEIRAS:         -1) PRIMEIRO, A PESCADORA DE HISTORIAS LEVOU A CABO UNHA  SELECCIÓN DE DIFERENTES LIBROS SOBRE VALORES, PODENDO ESCOLLER UN LIBRO, PARA LER NA HORA DE LECTURA, NO  RECANTO DE IGUALDADE.          -2) ADEMÁIS, A  ASOCIACIÓN   DE ANPAS DE FERROLTERRA PROPÓN UNHA ACTIVIDADE RELACIONADA  CON ESTA TEMÁTICA. NAS AULAS FALOUSE DO QUE É A VIOLENCIA, QUE COUSAS SON VIOLENTAS E QUE PODEMOS FACER PARA QUE NON EXISTA. OS NENOS E NENAS DE INFANTIL ESCRIBIRON E/OU DEBUXARON UNHA MENSAXE NUN PAPEL IMPRESO COAS VIOLETAS (MASCOTA DAS ANPAS), QUE LOGO COLOCARÁN NAS VIOLETAS TAMAÑO REAL.             TODAS AS VIOLETAS DOS CENTROS PARTICIPANTES SERÁN EXPOSTOS EN DIFERENTES LUGARES PÚBLICOS DA CIDADE DE FERROL.            -3) TAMÉN TRABALLAMOS ESTA LACRA SOCIAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO  A TRAVÉS DA MÚSICA 💜

DÍA DO PEÓN 2021

Imagen
       COMO TÓDOLOS ANOS CELEBRAMOS O NOSO DÍA DO PEÓN NO COLE DE ESTEIRO.    PRIMEIRO, DECORAMOS AS BUXAINAS DE MADEIRA. CADA NEN@ PINTOUNAS DUNHA COR DIFERENTE UTILIZANDO TÉMPERA E UN PINCEL. QUEDARON SÚPER CHULAS!!!!     O MESTRE DE EDUCACIÓN FÍSICA, GONZALO , ENSINOUNOS COMO SE BAILAN OS PEÓNS E CALES SON AS SÚAS PARTES.  A CLASE DE 5 ANOS SÁBENAS TODAS, SEGURO!! PARA ELO FIXERON ESTE GRAN MURAL DO PEÓN.      SÓ NOS QUEDA UNHA COUSA:   A BAILAR AS NOSAS BUXAINAS!!!         DISFRUTAMOS MOITO DESTE XOGO TRADICIONAL E NÓS FACEMOS TODO O POSIBLE PARA QUE @S NEN@S NON O PERDAN E PODER DISFRUTAR DEL MOITOS ANOS MÁIS.    PODEDES VER NO SEGUINTE VÍDEO TODAS AS ACTIVIDADES REALIZADAS:

SAMAÍN E MAGOSTO 2021

Imagen
Rematando o mes de outubro é tempo de conmemorar dous momentos moi especiais: O Samaín e o Magosto .  Para festexar o Samaín decoramos varias cabazas por aula, aportadas polas familias de varios nenos e nenas, con diferentes técnicas e materiais.  O Equipo de Dinamización de Lingua Galega solicitou a nosa colaboración para crear uns debuxos sobre o medo , así que tamén estivemos atarefados pensando, debuxando e decorando monstros e zombies. Os días 28 e 29 visitamos a exposición de cabazas e debuxos , que quedou terroríficamente xenial!  O venres, fixemos unha merenda con produtos típicos de outono para celebrar o Magosto. Ademais puidemos vir disfrazados, así que o ambiente era moi festivo :-) O outono segue o seu curso e agora toca poñernos a traballar na decoración da exposición de froitos que haberá proximamente. En breve contaremos por aquí o que estamos argallando! Graciñas a todas as familias ,  sodes unha parte fundamental para poder celebrar estas datas, grazas a vosa  cola

VISITA MUÍÑO DE PEDROSO

Imagen
    O PASADO XOVES, AS NENAS E NENOS DE 4 E 5 ANOS DO COLE FOMOS DE EXCURSIÓN AO MUÍÑO DE PEDROSO   PARA LEVAR A CABO VARIAS ACTIVIDADES DO OUTONO.     PRIMEIRO ELABORAMOS MARMELADA DE PLÁTANO . PARA ELO, MACHACAMOS O PLÁTANO CUN GARFO E DESPOIS ENGADIMOS MÁIS INGREDIENTES: AZUCRE E LIMÓN E...  A  COCIÑAAAAR!!! NO SEGUNDO OBRADOIRO PLANTAMOS LEITUGAS : BOTAMOS UN POUCO DE TERRA NUNHA MACETA, PUXEMOS A PLANTA, ENGADIMOS UN POUQUIÑO MÁIS DE TERRA E LISTO. AGORA  A  REGALA E A COIDALA NA CASA!!!     POR ÚLTIMO, OBSERVAMOS A CONTORNA, DESCUBRIMOS CASTAÑAS E OURIZOS E MOITAS CORES DO OUTONO NAS DISTINTAS FOLLAS.     NO SEGUINTE VÍDEO PODEDES VER TODAS AS ACTIVIDADES REALIZADAS NO MUÍÑO DE PEDROSO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!!!

COMEZO DO EMPRÉSTITO E COLGANTE LECTOR

Imagen
    Na primeira semana de outubro comezamos co empréstito de libros cos máis pequeniños e pequeniñas do cole de Esteiro. Para celebralo, a Pescadora de Historias deulles de agasallo:  un   COLGANTE LECTOR!!!!     Este colgante queda na casa e serve para crear un momento agradable e tranquilo de lectura cando se lea o libro emprestado da biblioteca escolar.      Ademáis, cada martes (@s nen@s de 3 anos) e cada xoves (@os nen@s de 4 e 5 anos) levarán o libro escollido  na biblioteca.       Podedes ver nas seguintes fotos, como elixen os contos e como desfrutan na biblioteca realizando unha lectura LIBRE ou DIRIXIDA:         UNHA BIBLIOTECA  DINÁMICA  E  ACTIVA!!!!!

APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Imagen
    Este ano por fin podemos abrir a biblioteca do cole de Esteiro con normalidade, xa que,  según o protocolo covid,  o aforo das bibliotecas escolares será o mesmo que o das bibliotecas públicas.    Para celebrar tal acontecemento, a PESCADORA DE HISTORIAS convidou a cada nena e neno de infantil e repartíu unha INVITACIÓN para acudir á biblioteca.            Cada clase estaba moi emocionada e sacamos unha foto coa mascota:          Aproveitamos a visita para recordar as normas, ler un conto e realizar a FORMACIÓN DE USUARIOS , para poder  así realizar o empréstito de libros a primeira semana de outubro.    A sección literaria de infantil está dividida por zonas a través dunha serie de magos con diferentes cores, asignándolle a cada cor un tipo de libros, como podemos ver no seguinte enlace: http://bibliotecaceipesteiroferrol.blogspot.com/search/label/Gu%C3%ADas%20da%20biblioteca     GRAZAS  PESCADORA  DE  HISTORIAS!!!

CORTIZA BENVID@S CURSO 2021-2022

Imagen
            BENVIDAS  E  BENVIDOS  ao novo curso 2021-2022!!!                Comezamos un novo curso cheo de ilusións , esperanza e ledicia . Aínda que continuamos coa máscara, seguimos a traballar na aula por pequenos grupos, experimentando e realizando novas aprendizaxes.       De este modo, realizamos na cortiza do corredor de infantil o cole de Esteiro e, saíndo del, os nosos pequenos e pequenas cun globo que decoraron.    Tamén damos a benvida aos meniños e meniñas de 3 anos , sendo ésta a súa primeira actividade no cole. Así de "chula"  lles quedou:        Na outra cortiza participaron conxuntamente os nenos e nenas de 4 e 5 anos . Que bonita está!!!!    

VISITA Á GRANXA BELELLE

Imagen
Canta ilusión por facer unha excursión con todos os nosos amigos e amigas! Para moitos de nós a primeira saída e non puidemos escoller mellor! O día 11 de xuño todos os nenos e nenas de infantil visitamos a Granxa Belelle ,  en Neda. Os peques de 3 anos asistiron aos talleres de horto, aves e animais e montar en poni; mentres as clases de 4 e 5 anos fixeron pan, visitaron ás aves e outros animais e, por suposto, deron o seu paseo en poni. Cada clase estivo dividida en dous grupiños, atendidos por un monitor ou monitora, que foron explicando moitas cousas interesantes sobre os animais: o seu nome, a súa orixe, a súa alimentación... Puidemos darlles pan ás galiñas , patos , pombas ... tamen cenoira ao burriño ou á  llama . Na granxa viven animais, non moi comúns pola nosa zona,  como os ñandús ou o dromedario Pipo , que xusto almorzou cando chegamos :-) O taller de pan e a visita ao horto foron moi interesantes e puidemos levar para casa o que fixemos; pero sen dúbida a actividade de m

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Imagen
Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Xela Arias , escritora, tradutora, profesora... unha figura que paga a pena coñecer polo seu quefacer arredor da lingua galega.  O Equipo de Dinamización de Lingua Galega propuxo aos nenos e nenas do cole facer un libro con palabras en galego. Puxémonos mans á obra e comezamos a pensar, buscar en libros e incluso empregar o dicionario ;-) Saíron unhas palabras ben fermosas e, xunto coas dos compañeiros e compañeiras de 1º a 3º de primaria, conformaron un libro para a biblioteca da escola, que podedes ver en formato dixital no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/node/1040 Para coñecer a vida e obra de Xela empregamos algúns dos libros que mercou a Pescadora de Historias, como este de Bolechas: Tamén miramos, na rede, diferentes recursos nas seguintes webs:     https://primaveradasletras.gal/      http://www.seminariogalan.org/   No vídeo veredes todo o que traballamos as clases de 3, 4 e 5 anos. Esperam