Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

DÍA DO LIBRO 2020

Imagen
O xoves celébrase o "Día do libro" e se estivesemos no cole a Pescadora de Historias terianos preparado unha morea de sorpresas como fai sempre.  Pero a Pescadora de Historias ten mooooitos recursos, así que deixou na web da escola varios contos para poder ver ao longo da semana na casa:  "La oruga glotona" "Corre, corre cabaciña" "La zanahoria gigante" "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" "Cocorico" "El cuento de las mariposas" "Pequeño azul, pequeño amarillo" Tamén deixou unhas propostas relacionadas con estes ou outros contos que vos gusten. Aquí están: Fai un debuxo do conto que máis che gustou. Recrea a portada do teu conto favorito. Disfrázate dalgunha personaxe dun dos teus contos favoritos.  No seguinte enlace tedes os contos e as explicacións detalladas das propostas:  https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/node/666 E ago

CREACIÓNS LEGO 2º TRIMESTRE

Olaaaa!!! Son a  Pescadora de historias . Estou a botarvos moitísimo de menos, síntome moi rara nunha biblioteca tan baleira e teño moitísimas gañas de que voltedes a visitarme cada semana. A pesar de todo, intento manterme sempre ocupada. Esta semana prepareivos un vídeo coas creacións Lego que fixestedes durante o segundo trimestre, quedaron chulísimas!!! Aí volo deixo para que o desfrutedes e, sobre todo, para que vos animedes a seguir creando e construíndo nas vosas casas coas pezas que teñades, da igual que non sexan Lego; o importante é imaxinar, xogar e pasalo ben.