Entradas

Mostrando entradas de junio, 2026

DÍA DO DEPORTE 2026

Imagen
    O pasado venres 19 de xuño rematamos o curso 2025-2026 e para irnos cun bo sabor de boca e disfrutar do verán, tivemos preparada unha xornada lúdica e de compañeirismo para o alumnado ao longo da mañá relacionado co deporte e convivencia.    Primeiro, puxémonos guapos/as co pano decorado para o Día do Deporte e logo xa  xogamos aos bolos, carreira de sacos, zancos, á roda, carrilanas...      Despois houbo un    XANTAR EN COMUNIDADE e  coma tódolos anos o ANPA tivo unha sorpresa preparada: festa da escuma .     Todas as actividades están recollidas no seguinte vídeo.   BO VERÁN FAMILIAS!!!!!

DESPEDIDA DOS NENOS E NENAS DA CLASE DE 5 ANOS

Imagen
Os nenos e nenas de 6º de infantil xuntámonos coas nosas familias para ver un video e recibir e dar algún que outro agasallo.  Despois de tres anos xuntos é bonito mirar atrás e ver todas as experiencias e vivencias que compartimos. Moitas grazas a todos e todas por vir e moita sorte neste novo camiño que comezades :-)

VISITA GRANXA BELELLE

Imagen
   O pasado venres 12 de xuño fixemos unha visita  á Granxa Belelle , en Neda, onde todo o ciclo de infantil puido disfrutar de moitas actividades.   Os monitores recibíronnos á chegada e distribuíronnos en grupos: 3 anos: ovellas 4 anos: follas 5 anos: indios    Así xa  poidemos facer todos os obradoiros. Estes foron: coidados e plantación no horto ,  visita aos animais (domésticos e exóticos) e   paseo en poni .          Na visita vimos moitos animais, pero recordamos especialmente ao burro Rufo , que lle dimos de comer; tamén vimos ao dromedario Pipo e estivemos de paseo co poni León .   No obradoiro de horto prantamos unha semente de lentella  e practicamos coas ferramentas da horta.   O paseo en poni é sempre o máis esperado, e moi emocionante!  Foi unha xornada intensa e divertida, aprendimos moito e regresamos á escola moi contentos e contentas.   No video veredes algunhas das c...