ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE 3 ANOS
XA REMATOU O 2º TRIMESTRE E TAMÉN ESTIVO CARGADO DUNHA MOREA DE APRENDIZAXES, ILUSIÓNS E ACTIVIDADES COMO: O DÍA DA PAZ, O ENTROIDO, O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO; O 8M, POÑENDO Á NOSA AULA O NOME DE REBECA ATENCIA, FERROLANA ILUSTRE ADICADA AO COIDADO DOS CHIMPANCÉS CON JANE GOODALL, NO CONGO; REALIZAMOS A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN AO MUSEO DO HUMOR DE FENE E Á SÚA BIBLIOTECA MUNICIPAL; O DÍA DA INTERCULTURALIDADE, ONDE COÑECIMOS MOITAS COUSAS SOBRE BRASIL; E REMATAMOS O PROXECTO DOS XOGOS POPULARES, ONDE XOGAMOS Á MARIOLA, COAS CANICAS E CO BOLICHE.
PASÁMOLO XENIAL!!!!!
PODEDES VER TODAS AS ACTIVIDADES NO SEGUINTE VÍDEO. ESPERO QUE VOS GUSTE MOITO ;)
Comentarios
Publicar un comentario