Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2020

DÍA DO PEÓN 2020

O día 11 de novembro conmemoramos na escola o Día do Peón . Este ano foi unha celebración nas aulas, onde decoramos o noso propio peón e despois tivemos uns días para poder bailalo e xogar con el na clase.  Co profe Gonzalo coñecimos e repasamos as súas partes na clase de educación fisica e, ademais, escoitamos a canción da buxaina . Todos os nenos e nenas de infantil fomos moi contentos co noso peón para casa. Esperamos que sigades practicando e bailándoo así de ben! Como información complementaria na páxina web da escola tedes un "genially" con información sobre as buxainas moi interesante. Seguro que os maiores o desfrutades! http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/node/1011