Entradas

PERIODO DE ADAPTACIÓN 3 ANOS 2026

Imagen
    QUERIDAS   FAMILIAS,    COMEZOU O CURSO DE 3 ANOS CHEO  DE   NERVIOS , ILUSIÓNS , CURIOSIDADES , RISAS,  XOGOS ...; PERO XA PASADO O PRIMEIRO MES, XA PARTICIPAMOS NUNHA CHEA DE ACTIVIDADES, CON PROFES NOVOS, LUGARES POR COÑECER, NOVAS EMOCIÓNS E SENTIMENTOS.     NO SEGUINTE VÍDEO PODEDES DISFRUTAR DESTES PRIMEIROS MOMENTOS TAN EMOTIVOS PARA OS NENOS E NENAS. ESPERO QUE VOS GUSTE O  E DISFRUTEDES DEL. GRACIAS FAMILIAS POR FACELO POSIBLE.

DÍA DA BIBLIOTECA 2026

Imagen
Comezamos as primeiras publicacións no blog cunha celebración: O Día da Bibliotecas Escolares . Contamos coa visita de Rocío Pita , xornalista de A Voz de Galicia e nai dunha nena da escola. Rocío explicounos como era o seu traballo, falounos da importancia de saber de onde ven a información, de como diferenciar unha noticia verdadeira de unha falsa... Tamén trouxo o seu micrófono, así que respondemos as súas preguntas e fixo entrevistas a moitos de nós. Foi moi interesante e divertido! Pero a biblioteca é importante no só no seu día, senón todos os días do ano, como lugar para ler, aprender, investigar, crear e xogar. Mirade que ben o pasamos o día da semana que visitamos a biblioteca dos tesouros :-)

DÍA DO DEPORTE 2026

Imagen
    O pasado venres 19 de xuño rematamos o curso 2025-2026 e para irnos cun bo sabor de boca e disfrutar do verán, tivemos preparada unha xornada lúdica e de compañeirismo para o alumnado ao longo da mañá relacionado co deporte e convivencia.    Primeiro, puxémonos guapos/as co pano decorado para o Día do Deporte e logo xa  xogamos aos bolos, carreira de sacos, zancos, á roda, carrilanas...      Despois houbo un    XANTAR EN COMUNIDADE e  coma tódolos anos o ANPA tivo unha sorpresa preparada: festa da escuma .     Todas as actividades están recollidas no seguinte vídeo.   BO VERÁN FAMILIAS!!!!!

DESPEDIDA DOS NENOS E NENAS DA CLASE DE 5 ANOS

Imagen
Os nenos e nenas de 6º de infantil xuntámonos coas nosas familias para ver un video e recibir e dar algún que outro agasallo.  Despois de tres anos xuntos é bonito mirar atrás e ver todas as experiencias e vivencias que compartimos. Moitas grazas a todos e todas por vir e moita sorte neste novo camiño que comezades :-)

VISITA GRANXA BELELLE

Imagen
   O pasado venres 12 de xuño fixemos unha visita  á Granxa Belelle , en Neda, onde todo o ciclo de infantil puido disfrutar de moitas actividades.   Os monitores recibíronnos á chegada e distribuíronnos en grupos: 3 anos: ovellas 4 anos: follas 5 anos: indios    Así xa  poidemos facer todos os obradoiros. Estes foron: coidados e plantación no horto ,  visita aos animais (domésticos e exóticos) e   paseo en poni .          Na visita vimos moitos animais, pero recordamos especialmente ao burro Rufo , que lle dimos de comer; tamén vimos ao dromedario Pipo e estivemos de paseo co poni León .   No obradoiro de horto prantamos unha semente de lentella  e practicamos coas ferramentas da horta.   O paseo en poni é sempre o máis esperado, e moi emocionante!  Foi unha xornada intensa e divertida, aprendimos moito e regresamos á escola moi contentos e contentas.   No video veredes algunhas das c...

PREGUNTÓN 2026

Para conmemorar o Día do Libro os nenos e nenas de infantil participaron nun xogo de pescuda de pistas, organizado pola biblioteca do colexio: O Preguntón. En cada clase, organizamos aos peques por grupos e comezamos a buscar sobres agochados polo colexio. Había sobres no museo, na decoración da granxa e na biblioteca e, en cada un, unha pregunta, adiviña ou enigma que resolver.  Ao final, unha proba para atopar un tesouro, que era un quebracabezas que nos levaba directamente a un agasallo. Onde estaba? Na casiña do parque infantil! Tivemos que baixar correndo da biblio para collelo e, por fin, saber o que era :-) Parabéns a todos e todas por participar e grazas a todos o profesorado por axudar a que esta actividade poida realizarse.  Feliz Día do Libro!

DÍA DO LIBRO 2026

Imagen
      Como celebración do Día do Libro, imos disfrutar de dous libros que elaboraron os nenos e nenas de 4 e 5 anos na clase de Xogar a Pensar.     A aula de 4 anos ten como mascota unha medusa chamada Globo   e  crearon un conto  entre todos/as: AS AVENTURAS DA MEDUSA GLOBO.     A aula de 5 anos ten tamén unha mascota que é un elefante chamado Colorines e é o protagonista da historia: O ELEFANTE COLORINES PERDEU Á SÚA FAMILIA.     Os rapaces e rapazas poideron ser escritores e escritoras, así como ilustradores e ilustradoras a través da súa propia creación, onde desenvolveron a súa imaxinación, creatividade, habilidades lingüísticas, estructura lóxica do pensamento...    Así que, familias, disfrutade lendo estes contos cos vosos meniños/as. Esperamos que vos gusten moito, están feitos dende o 💗