DÍA DA PAZ 2021

O día 29 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non violencia e da Paz. Foi unha semana moi especial na que participamos en diferentes actividades, desfrutamos e aprendimos moito. 😊

Aínda que este ano non foi posible unha celebración conxunta de todo o cole, si que acordamos traballar os diferentes símbolos da Paz, un distinto en cada clase. Comezamos cunha conversa sobre o que significa a Paz e a Non Violencia; saíron cousas moi interesantes: coidar, compartir, estar tranquilos, axudar... Logo xa pasamos a traballar co símbolo da Paz.

Na aula de 3 anos eliximos a Pomba da Paz, coñecimos a Gandhi e a Picasso, xa que utilizamos algunhas das súas pombas para traballar. Na aula de 4 anos eliximos o "Arco Iris da Paz" e descubrimos que ten as sete cores do arco da vella ao revés. Na clase de 5 anos traballamos sobre o logo da Paz e vimos que as liñas de dentro do círculo representan as letras D e N (desarme nuclear) no alfabeto semáforo.

Ademáis, nas clases de 3 e 4 anos visionamos e comentamos "La historia de Punto" coa que aprendimos a respectar aos que son ou pensan diferente ca nós. Na clase de 5 anos vimos os videos de Unai Quirós cos que descubrimos o necesario que é ter no noso botiquín vacinas e pastillas como: esperanza, respecto, paciencia, igualdade, solidariedade e vitaminas da risa.

Tamén aprendimos cancións coma "Amiguiños todos" e "Siente la Paz". Para rematar traballamos coa palabra Paz: analizámola, compuxémola e escribímola; as nenas e nenos de 5 anos tamén buscamos nunha sopa de letras palabras como respecto, diálogo, amizade... todas elas moi necesarias para construíla Paz.

Como podedes ver no video fixemos un pouco de todo!!!






                                                                    



Comentarios