ENTROIDO 2021

Febreiro chegou e con el o tempo de Entroido, de troula e de festa... Este ano como novidade tivemos a visita do Meco que cos seus mandados foi alegrándonos a semana. Cada día acudimos á escola con diferentes prendas e adornos, todos moi guapos e guapas e dispostos a facer da semana de Entroido unha semana especial.

Ao longo da semana todos os nenos e nenas de infantil fixeron un anteface que levaron para casa a finais de semana. 

O venres, a falta de encontro coas familias e os demais nenos e nenas da escola, degustamos produtos típicos: orellas, freixós, rosquillas...  Moitas grazas ás familias por colaborar e facer posible esta saborosa merenda. 

Na presentación veredes que ben o pasaron os peques de 3, 4 e 5 anos. Esperamos que vos guste!





Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023