PROTAGONISTA DA SEMANA: SARAH
SARAH: UNHA VIAXEIRA EN XAPÓN.
Sarah veu acompañada dos seus pais, Marcos e Anne, a contarnos moitas cousas sobre a súa viaxe a un país tan lonxano e bonito como é XAPÓN.
Primeiro, vimos nun mapamundi onde está Galicia e onde está Xapón, para observar a distancia de 10.000 km que existe, contando que tiveron 14 horas de avión Madrid-Tokio.
Despois, aprendemos varias palabras en xaponés:
.ARIGATO: grazas.
.ARIGATO GOZAIMASU: moitas grazas.
.KON`NICHIWA: ola.
.SAYONARA: adeus.
. Tamén nos contaron que os restaurantes non son iguais que en España: en Xapón non se pode entrar con zapatos, hai que sentarse en conxíns no chan e debaixo das mesas existe un hoco para poñer as pernas.
A comida típica de Xapón é o arroz, o pescado, a pasta e as algas. E, ademais, bébese té.
Nos restaurantes hai comida en plástico para ensinar aos clientes que é o que se vai comer.
Sarah trouxo unha mostra de comida típica xaponesa e ensinounos algo moi curioso: cómese con PALILLOS.
Ademais, explicáronnos que en Xapón celébrase a Festa dos Nenos e Nenas, onde ízanse cometas con forma de carpas e poidemos ver os traxes típicos.
Por último, poidemos disfrutar dun arte milenario xaponés, que é o ORIGAMI: consiste no plegado de papel sen usar tesoiras nin pegamento para obter figuras de formas variadas. Tamén chamado papiroflexia.
Sarah repartíu papel a cada compañeiro e compañeira e poidemos realizar o noso origami: un canciño precioso!!!!!
Gracias Sarah por ensinarnos tantas cousas sobre Xapón!!!
ARIGATO, SARAH!!!!
Comentarios
Publicar un comentario