PROTAGONISTA DA SEMANA: MAURO


         MAURO: UN GRAN SKATE!!!   
   Mauro veu acompañado da súa nai Silvia, do seu pai Óscar e da súa irmá Greta para contarnos moitas cousas sobre o seu deporte favorito: o skateboard.

   Primeiro, ensinounos a camiseta que leva sempre que fai este deporte. Que chula!!!!


   Despois,  explicounos un pouco da súa historia: xurdíu de América gracias aos surfeiros dos anos 50. O monopatín é unha evolución da tabla de surf, pero con rodas.


   Tamén, explicounos algúns TRUCOS do skateboard:

   -Ollie: truco aéreo, sen mans, que consiste en saltar co monopatín sen soltalo.
   -Flip: volta da tabla no aire.

   Ademais, ensinounos as PARTES do monopatín:

   -Tabla: cola (parte traseira) e nose (parte dianteira)
   -Base
   -Tornillos
   -Rodas
   
   Para realizar este deporte é necesario unha gran EQUIPACIÓN:

   -Casco
   -Rodilleiras
   -Muñequeiras
   -Codeiras


      Mauro vai a clases de skate co seu amigo Pepe, demostrando os dous o seu dominio coa tabla e o ben que lles ensina o seu profe Nacho.



       Mauro tamén nos contou que este gran deporte vai a estar nos próximos Xogos Olímpicos de Xapón, no 2020.

        Na clase,  Mauro demostrou todo o que saber facer co monopatín!!!




   Por último, Mauro deu un regaliño a cada compañeiro e compañeira.





    Grazas Mauro por esta exhibición  de skate!!!!

   


Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023