VISITA GRANXA BELELLE
O pasado venres 12 de xuño fixemos unha visita á Granxa Belelle, en Neda, onde todo o ciclo de infantil puido disfrutar de moitas actividades.
Os monitores recibíronnos á chegada e distribuíronnos en grupos:
- 3 anos: ovellas
- 4 anos: follas
- 5 anos: indios
Así xa poidemos facer todos os obradoiros. Estes foron:
- coidados e plantación no horto,
- visita aos animais (domésticos e exóticos) e
- paseo en poni.
Na visita vimos moitos animais, pero recordamos especialmente ao burro Rufo, que lle dimos de comer; tamén vimos ao dromedario Pipo e estivemos de paseo co poni León.
No obradoiro de horto prantamos unha semente de lentella e practicamos coas ferramentas da horta.
O paseo en poni é sempre o máis esperado, e moi emocionante!
Foi unha xornada intensa e divertida, aprendimos moito e regresamos á escola moi contentos e contentas.
No video veredes algunhas das cousiñas que fixemos. Voveremos pronto Belelle!

Comentarios
Publicar un comentario