SAÍDA A CORREOS
As nenas e nenos de 4 e 5 anos realizaron unha saída á oficina de CORREOS de Ferrol e foron CARTEIROS e CARTEIRAS por un día.
Realizamos moitas actividades:
- Primeiro poidemos disfrutar da arquitectura da oficina e observar a súa vidriera
- Collimos cita na pantalla
- Compramos os selos
- Cada neno e nena pegou o selo na súa carta e lle puxo o mataselos
- Poideron ver como se envían paquetes
- Como son as motos de reparto
- E metimos as cartas na caixa de correos tan característica con forma de león.
Agora só queda esperar para recibir a carta na casa!!!
Temos que dar as grazas á oficina de Correos por explicarnos e atendernos tan ben.
No seguinte vídeo podedes ver todas as actividades realizadas:

Comentarios
Publicar un comentario