FESTAS DE OUTONO: SAMAÍN E MAGOSTO

No outono é tempo de festexar o remate do verán e a chegada da nova estación, cunhas celebracións que convidan a xuntarse arredor de froitos típicos como as cabazas e as castañas: o Samaín e o Magosto.

En torno ás cabazas creamos personaxes, decoramos, argallamos cunha morea de materiais cun resultado orixinal e terrorificamente divertido.

Ademais ambientamos o corredor, decorando as portas das aulas e, tamén, o teito con grilandas feitas por nós. Despois, nas clases, houbo actividades vinculadas co Samaín, pintando, debuxando ou facendo unha merenda terrorífica ;-)


Puidemos desfrutar, tamén, do traballo realizado polos nenos e nenas de toda a escola asistindo a exposición de cabazas no salón de actos e, ese mesmo día, acudimos disfrazados ao cole, foi moi divertido! 

Polo Magosto, tocou preparar unhas cestas e caixiñas onde levar para casa unhas castañas asadas por Ramón, o castañeiro que visitou o cole de Esteiro. Saímos para saudalo, recoller as saborosas castañas e, despois, compartimos tempo de lecer co resto dos nenos e nenas de infantil no parque do colexio. 

Grazas ás familias pola súa colaboración para poder celebrar estas festas, tanto por aportar as cabazas como por axudar a mercar as castañas. E tamén ao ANPA, por decorar a escola polo Samaín e colaborar a crear un ambiente festeiro e festivo.




Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2024: TEATRO DE TÍTERES

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO