SAMAÍN E MAGOSTO 2023

Tempo de Samaín e Magosto, celebracións vencelladas ao cambio de estación, á chegada do outono e de froitos e froitas como as cabazas e as castañas, protagonistas- sen dúbida- destas datas. 

O día 30 e 31 de outubro celebramos na escola o Magosto e o Samaín. Houbo algunha novidade, como a visita dun castañeiro, Carlos. Este recibíunos no patio cuberto, cun carro con forma de locomotora no que asou unhas saborosas castañas. Despois de recollelas voltamos ás clases para encher os cucuruchos e saír de novo, para compartir o Magosto con todos os nenos e nenas de infantil. 

Para o Samaín traballamos arreo baleirando e decorando cabazas, aportadas polas familias. Houbo meigas, arañas, monstros e ata uns minions! Entre todo o alumnado conseguimos facer unha exposición ben terrorífica e colorida, con cabazas de moitos tamaños e formas. 


Ademais aqueles que o desexaron puideron acudir disfrazados, dando un ambiente festivo a un día tan especial. 
Grazas a todos e todas os que fixéstedes posible estas celebracións na escola, familias, Equipo de Dinamización de Lingua Galega e profesorado. 

Feliz Magosto e Samaín!









Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023