DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Xela Arias, escritora, tradutora, profesora... unha figura que paga a pena coñecer polo seu quefacer arredor da lingua galega. 

O Equipo de Dinamización de Lingua Galega propuxo aos nenos e nenas do cole facer un libro con palabras en galego. Puxémonos mans á obra e comezamos a pensar, buscar en libros e incluso empregar o dicionario ;-)

Saíron unhas palabras ben fermosas e, xunto coas dos compañeiros e compañeiras de 1º a 3º de primaria, conformaron un libro para a biblioteca da escola, que podedes ver en formato dixital no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/node/1040

Para coñecer a vida e obra de Xela empregamos algúns dos libros que mercou a Pescadora de Historias, como este de Bolechas:


Tamén miramos, na rede, diferentes recursos nas seguintes webs:

  https://primaveradasletras.gal/ 

  http://www.seminariogalan.org/ 

No vídeo veredes todo o que traballamos as clases de 3, 4 e 5 anos. Esperamos que vos guste! Bicos!







 

 

 


Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023