DÍA DO LIBRO 2021

O 23 de abril conmemoramos na escola o Día do Libro. A proposta da Pescadora de Historias, a mascota da nosa biblioteca,  foi participar no concurso "O preguntón". Un concurso! Pareceunos xenial, así que ao longo da semana tivemos que investigar nos libros que nos enviou a Pescadora así como ver unha presentación no encerado dixital, onde se explica como atopar os libros na biblio, as súas temáticas... 

Como os nenos e nenas de infantil somos moi traballadoriños, respostamos ben a todas as preguntas e a Pescadora agasallounos cun premio que levamos para casa o venres, día 23. 

Deixámosvos unhas fotos do proceso e a recollida de premios. Os peques aprenderon un montón e puidemos achegármonos un pouco máis á biblio, nun ano no que non podemos vistala como nos gustaría.

No seguinte enlace poderedes ver a presentación que ollamos na clase, é moi interesante!

 https://bibliotecaceipesteiroferrol.blogspot.com/2021/04/guias-da-biblioteca-2.html


Comezamos a buscar as respostas nos libros...
 

                                         

   

 


Mirade que ben responderon os peques de 3 anos ás preguntas!

                   

  

E chegou o momento dos agasallos!










                                  Feliz Día do Libro!






Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023