CHEGOU O NADAL!

No mes de decembro fixemos un montón de actividades nas aulas relacionadas co Nadal. Encántannos estas datas e - aínda que este ano hai moitas cousas que non puidemos facer - foi un mes cheo de emocións e nervios, previos ás desexadas vacacións. 

Na presentación veredes fotos de varias das tarefas, tanto a nivel de ciclo como de aula, pero houbo algunhas máis. Por exemplo, tivemos unha sorpresa de parte de Papá Noel que enviou un vídeo a cada clase para informarnos de que os nosos agasallos xa estaban preparados :-)

A nivel de centro, cada clase preparou unha estrofa da panxoliña "Volver a casa polo Nadal" que formou parte dun vídeo conxunto no que aparecían todos os nenos e nenas da escola. Proxectámolo nas aulas o día 22 e foi o xeito de vernos e estar todos xuntos. 

Unha vez máis temos que agradecervos ás familias a vosa colaboración, tanto para vir vestidos con cousas de Nadal, como pola vosa colaboración na merenda do día 22. 

Tamén agradecemos ao ANPA a organización do contacontos "Bichocas", aos peques gustoulles moitísimo!

De parte de todos os mestres e mestras que conformamos o equipo docente de infantil desexámosvos un Feliz Ano Novo. Apertas!



Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023