CONTO CONTIGO 3 ANOS: LÍA

Na clase de 3 anos seguimos a recibir a familias para que nos conten un conto e, nesta ocasión, foron Lola e Lois os que nos visitaron. O conto que escoitamos foi "A miña amiga a escuridade" e, inda que é un conto que xa coñecemos, gustounos moito.
Ademais a presenza de Lois fixo que todo quixeramos tocalo, bicalo... claro, un novo irmanciño na clase sempre e ben recibido :-)
Moitas grazas a Lía por emprestarnos un anaquiño ao seu irmaciño e a Lola e Lois pola visita.

Se premedes na imaxe verdes unha reseña do conto e, se queredes, poderedes atopalo na biblioteca da escola.





Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023